Francia, 1134.
Chámome Dante e fai poucos días cheguei ó meu fogar tras facer o Camiño se Santiago. Quero relatar todo canto vivín neste tempo para que os meus descendentes saiban como é e, cando morra, as miñas anécdotas sigan dándose a coñecer.
Todo comezou o ano pasado, cando a miña filla Rebeca cargaba cunhas malas febres. O doutor dixo que non sobreviviría, mais eu non estaba de acordo con el.Rebeca só tiña 6 anos e non era xusto para ela morrer tan nova. A miña muller Gadea, e máis o noso fillo Robián, máis maior ca Rebeca, rezámoslle a Deus todas as noites rogando que curara. Xurei que se non morría faría o Camiño de Santiago para agradecerllo, e así foi.Varias semanas despois Rebeca recuperouse e eu, comecei a preparar as cousas para cumprir a miña promesa.
Principalmente pensaba facelo só, máis Gadea convenceume do contrario e falei cun amigo para que fose comigo. Poucos días máis tarde emprendiamos a marcha só co necesario: o bornal, esclavina, a cuncha xacobea e a cruz, a cabaza, o chapeu, o bordón e algúns cartos.
Xa que nós viviamos en Conques, no corazón do Valle do Lot, só tiñamos que seguir o camiño francés de Roncesvalles.
Nas primeiras semanas, nas que pasamos por Pamplona e Puente la Reina, aloxándonos unha noite na última todo foi moi tranquilo ata que, na primeira semana do ano seguinte (este no que estamos agora) cando xa habiamos pasado por Estella, Los Arcos e pretendiamos quedar en Logroño, a nosa marcha retrasouse un pouco máis do devido. Devido ó forte temporal, os fríos ventos e a choiva e neve abundantes, quedamos varios días máis na pousada.
Chegou a segunda semana do ano e partimos cara a Burgos, a onde chegamos de madrugada non sen ates pasar por Nájera, Sto, Domingo de la Calzada e Belorado. Alí encontramos a un campesiño que vendía burras a baixo prezo só para os camiñantes a Santiago. Dado que íamos mal de tempo decidimos comprar un para cada un.
Co amencer da mañá seguinte pasamos por Olmillos de Sasamón, Catrojeríz, Frómista e chegamos a Carrión de los Condes. Nunha pousada daquela cidade encontramos a outros peregrinos dun pobo veciño e decidimos seguir o traxecto xuntos.
Mentres cenabamos aquela noite, tras facer o acordo, preguntáronnos como nos ía a viaxe, xa que a eles, ían uns días habíanlles roubar as provisións uns sarracenos, polo que tiveron que parar de imprevisto naquel sitio. Foi unha sorte, pois así fixémonos compañía o resto do camiño e máis a volta, pero iso xa o contarei adiante.
Á mañá seguinte decatámonos de que roubárannos as burras, por sorte as pertenzas as levábamos connosco. Seguimos o recorrido a pé por Sahagún, Mansilla de las Mulas e chegamos a León, onde pasamos outras dúas noites, pois o día que tiñamos previsto saír Froilán, un dos do pobo veciño, caeu escaleiras abaixo e tivo que vir o medico. Esguizara levemente un dedo do pé esquerdo e necesitaba repouso, e claro, non íamos deixar só.
Partimos logo, dous días despois de chegar; o home aínda tiña molestias no dedo, mais decidiuse a seguir co planeado, non quería máis retrasos. E así o fixemos, pasamos por Astorga e Ponferrada antes de chegas a nosa seguinte parada: Vilafranca do Bierzo. Aquel lugar tiña moita cultura nova para nós, polo que acordamos quedar tres días para poder velo todo antes de marchar. A nova arte, tanto románica como gótica, as diferentes cantiga e novas poesías foron todo un deleite para nós. Por desgraza o tempo pasou rápido e chegou o momento de volver partir cara ó noso verdadeiro destino. A Catedral de Santiago.
Ese día pasamos por Sarria, Portomarín Melide e, finalmente, Arzúa, onde paramos varios días a descansar. A seguinte parada era xa, A Catedral.
Pasamos unha semana en Arzúa antes de chegar a Santiago, mais a chegada foi satisfactoria. O Pórtico sa Gloria era belísimo, e o interior da catedral aínda máis fermoso. Alí pasamos outra semana máis, e logo, tras unha larga conversa, chegamos a conclusión de que chegaríamos ata Finisterre (Finisterra).
Ó cabo de dúas semanas xa preparabamos o camiño de volta a casa, o cal levounos 5 meses parando durante máis tempo nas cidades para ver o seu esplendor, cultura, comercio...
Finalmente, o 15 de Setembro deste ano (fai hoxe 8 días) cheguei de volta a casa, coa miña familia, encantado de velos de novo tras case un ano fora.
Dante de Conques.