Recuerda

Lembras?

Lembras? Lembras cando eras pequeno e a túa avoa levábate a facer os encargos polo barrio? Lembras que coñecía ós donos de cada tenda? Xa porque eran amigos, antigos compañeiros, veciños... Ou simplemente polo feito de verse cada semana. Lembras cando preferías ver debuxos animados llela tiña que subornarte para que a acompañaras? Ai!, como esquecer o "se vés comigo cómproche algo"? Entón acompañábaas, recorrías cada tenda con ela agardando impaciente que rematase de falar. Non vías a hora de chegar á túa tenda favorita. Ese kiosco da esquina que, aínda que era pequeno, tiña un pouco de todo. Un pouco de todo o que che gustaba. Lembras como recorrías con aquel sorriso inocente todos e cada un dos estantes, todos e cada un dos rincóns para elixir que era o que máis querías nese instante? Lembras á túa avoa, que remataba a conversa cá rapaza do mostrador e te apremaba sabendo que aínda non foras capaz de decidirte? Tocabas cada cousa, a mirabas, a collías..., ás veces varias, para decidirte ó final. Ulías os tebeos, os libros..., ou quizais non; mais nese momento xa sabías que cousa sería a próxima que levaras. A afortunada. Aínda que, claro, recordas que ao volver non a levabas? Había sempre algo novo que che facía mudar a opinión e volver a practicar o ritual de sempre: pasear cada cm² da tendecilla.

Agora xa non es ese neno que acompaña á súa avoa nos encargos.
Agora a túa avoa xa non coñece a todos os donos de todas as tendas. 
Agora non todas as tendas seguen abertas, e a seguinte en pechar, será a túa.
Non máis recorrela, non máis mirar, non máis tocar, non máis uler...
Mais, lembras?

 



#28278 en Otros
#8799 en Relatos cortos
#1945 en Novela histórica

En el texto hay: galego, castellano, lembra

Editado: 21.05.2019

Añadir a la biblioteca


Reportar




Uso de Cookies
Con el fin de proporcionar una mejor experiencia de usuario, recopilamos y utilizamos cookies. Si continúa navegando por nuestro sitio web, acepta la recopilación y el uso de cookies.