Querida vida:
Estouche moi feliz.
Hoxe, ó saír do centro, estaba esperando as miñas amigas, como tódolos días. E coma todos eles, el sae e afástome.
Esta vez foiche moi distinto, acercouse a falar comigo e confesoume que a rapaza á que quería invitar era eu. Por suposto dixen que si.
Hai que ver como cambian as cousas. Pasamos de falar o xusto e necesario durante 3 anos a establecer conversas, que me axude (porque son unha torpe) e me invite ó baile en 2 meses. Agora máis que nunca sinto que conectamos.
Elisabeth.