Cartas á vida

17...

Querida vida:

É domingo, día de descanso, e iso fago. Descansar.

Onte tiven absolutamente a mellor noite da miña vida con creces. Pasoume algo que xamais imaxinei.

Josh fíxome unha confesión.

Resulta que eu gustáballe dende fai 3 anos, pasoulle exactamente o mesmo que a min.

-Amor a primeira vista-.

Confesoumo na festa, despois de facer un montón de trapalladas, cando xa era noite pechada.

Levoume ó balcón do piso de enriba, había unha mesiña moi mona con dúas cadeiras e alí rimos porque pasábanos exactamente o mesmo dende facía tempo.

Confesámonolos, sen ataduras nin rodeos, dixémonos que nos queríamos e foi coma se o tempo se parase porque de súpeto dixo:

-"Enton... queres ser a miña moza?"

Obviamente a miña resposta foi un rotundo: Si.

Sinto unha inmensa ledicia por elo, mais tamén estouche triste.

Triste porque agora contareillo todo a el, triste porque só fixéchesme falta cando estaba soa e agora que xa non o estou, gardareiche no baúl das lembranzas como tantas outras, mais estouche segura de que a ti, xamais esquecereite.

Estas poucas semanas, cheas de sentimentos reflectidos nas cartas que non che envío e que nunca enviareiche marcáronse no máis profundo do meu corazón.

Espero que ti tampouco me esquezas.

Un "ata sempre" con moito cariño:

Elizabeth.



#27903 en Otros
#8669 en Relatos cortos
#42326 en Novela romántica

En el texto hay: amor adolescente, cartas en galego

Editado: 16.06.2019

Añadir a la biblioteca


Reportar




Uso de Cookies
Con el fin de proporcionar una mejor experiencia de usuario, recopilamos y utilizamos cookies. Si continúa navegando por nuestro sitio web, acepta la recopilación y el uso de cookies.