Cinzas dunha bruxa | Galego

CAPÍTULO 1 - OBSERVADA POLA NOITE

Ano 2000 – Najac, Francia.

—Xa mamai, é unha boa oportunidade, se fago este traballo teño todas as de gañar o ascenso. Só serán seis meses, estarei de volta cando menos o esperes. O tempo pasa moi rápido. [...] Bicos, eu tamén te quero.

Eva era unha periodista novata que traballaba para unha revista local galega. O seu xefe enviáraa alí a investigar a historia sobrenatural do pobo. Para elo o primeiro paso era enviala a vivir á casa encantada.

Primeiro entrou soa, sen as maletas para mirar a casa con detalle e tempo. Todas as portas facían un agudo ruído ao abrir, as paredes tiñan humidade, todos os mobles, se excepción, estaban cheos de po, como se ninguén houbera entrado en oitocentos anos.

Elixiu a súa habitación, una que parecía algo máis coidada. A cama feita, as cortinas abertas, a ventá daba á praza central, un gran armario en fronte da cama e, ao lado do armario un rectángulo cuberto por unha saba. Acercouse e, con coidado de non dispersar moito a po, retirou a saba. Debaixo dela había un fermoso espello de corpo enteiro apoiado contra a parede. O seu marco parecía de ouro con gravados en relevo e formas entrelazadas feitas a man.

Eva quedou apampada mirando para o espello, estivo observándoo por varios minutos, como se aquel obxecto a tivera baixo un forte feitizo. Finalmente espertou do encanto cando o seu móbil soou anunciando que tiña unha mensaxe. Era do seu xefe:

"A historia sobre a que te tes que informar é sobre a da bruxa Alice Kyteler. Seica acabas de chegar, descansa ben e mañá a primeira hora comeza a investigar. Tenme ao tanto e se necesitas algunha axuda pídella a Diego".

—Xenial, nin da noite podo gozar —murmurou para si mesma saíndo do cuarto. Colleu as súas cousas e instalouse. Xa era tarde e tiña moito traballo por diante.

*

Durmía placidamente na cama cando comezou a dar voltas e máis voltas. A pesar de estar tapada con un montón de mantas tremía de frío, sentíase observada, sentía medo, sentía... Sentía algo moito máis forte que non identificaba e sen máis espertou de golpe. O primeiro no que se fixaron os seus ollos foi no reflexo da lúa chea no antigo espello. Quedou presa da imaxe, o centro da lúa parecía escurecerse, a sombra cada vez facíase máis grande, parecía unha figura, pero non a recoñecía. Un corvo gritou posado na fiestra e Eva xirouse de golpe. Levantouse a pechar as cortinas e volveu durmir.



#13712 en Thriller
#7761 en Misterio
#23333 en Fantasía

En el texto hay: pasado, bruxas, maxia

Editado: 03.06.2018

Añadir a la biblioteca


Reportar




Uso de Cookies
Con el fin de proporcionar una mejor experiencia de usuario, recopilamos y utilizamos cookies. Si continúa navegando por nuestro sitio web, acepta la recopilación y el uso de cookies.