Cinzas dunha bruxa | Galego

CAPÍTULO 2 - SIGNIFICADOS OCULTOS

Ás oito da mañá Eva dirixíase á biblioteca do pobo. Se quería encontrar algo, aquel era o mellor lugar. Tiña manuscritos de antes de Cristo e eran uns dos mellor conservados no mundo.

Comezou collendo todo o que encontrou sobre o tema da bruxa Alice Kyteler. Pero todo dicía o meso: Alice Kyteler era una muller nova, de dezanove anos que chegara ao pobo soa, sen familia algunha. Ó pouco desatouse una liña de feitos desfavorables que fixo que a culparan a ela. Unha cousa estaba clara, e era que fóra unha bruxa, pero non por aqueles feitos, se non porque a maldición que botara cando a queimaron cumprírase sempre. Non se sabía como nin por que, pero todo aquel que vivía na súa casa desaparecía aos seis meses de estar alí. Xusto o tempo que ela durou viva tras chegar ao pobo. Eva non cría nesas cousas, por iso aceptara o traballo.

A parte daquelas referencias e os seus sinónimos, nada máis encontraba dela, cousa que era moi estraña. Decidiu pedirlle axuda a Diego antes de informar ao seu xefe:

"Necesito que busque máis a fondo na vida de Alice Kyteler. Nos libros só pon a súa historia no pobo. A ver se atopas de onde viña e que lle pasou tras morrer. E non lle digas nada a Bruno, xa lle contarei eu. Grazas".

Agardaba que Diego encontrase algún rastro tecnolóxico sobre ese nome xa que naquel pobo non había internet e daban grazas pola pouca cobertura que alcanzaba.

Mentres a resposta non chegaba recolleu todo e foi falar co habitante máis vello do pobo: Alfredo Gofizo. Chegou a súa casa e petou na porta. Tras un rato de pe, ninguén abría e decidiu que era mellor volver noutro momento, pero entón a porta abriuse un anaco. Algo apampada preguntou un "Hola?" en alto, máis tampouco contestaron. Empuxou a porta escoitando o chío das bisagras en entrou con cautela. Unha corrente de aire frío golpeouna na cara e cerrou a porta de golpe.

—Quen está aí?—Preguntou unha voz raposa. Supuxo que era o ancián Alfredo.

—Desculpe, a porta abriuse. É vostede Alfredo Gofizo?

Unha figura vella e encurvada asomouse por unha porta que parecía dar a un salón e uns ollos pequenos, escasos de pestanas e sen brillo algún a fitaron de arriba abaixo.

—Depende de quen pregunte.

—Oh, por suposto. Descúlpeme. Chámome Eva, Eva Teixeiro e son reportera dunha revista galega para a que escribo un artigo sobre a historia sobrenatural deste pobo actualmente. Quería saber se vostede podería axudarme concedéndome uns minutos do seu tempo.

—Unha reportera galega! Claro que si! Pase, pase!—Contestou o vello cun ton alegre dirixíndose ao salón.—A nai do meu avó era de Vigo, sempre está ben coñecer a xente da terra dos meus antepasados.—Sorriu cos seus poucos dentes podres e amarelos.—Queres tomar algo? Teño café, té, laciños, palmeriñas...

—Non grazas—sorriu sincera—poderíame falar da maldición deste pobo?

Ambos sentaron no sofá, cerca da cheminea, e Alfredo mirouna con curiosidade.

—A maldición da bruxa Alice Kyteler. É a historia máis contada deste pobo, sobre todo por min.

—Por que sobre todo por vostede?

—Verás nena, neste pobo nada pasa por casualidade, cada habitante ten un encargo no significado do seu nome. O cura chámase Anselmo, que significa "protección". Protexe axuda ós seus fieis en todo canto pode. A bibliotecaria chámase Ánxela, que é "mensaxeira". Transmite as mensaxes dos libros a todo aquel que queira sabelas. O meu é Alfredo, que significa "gobernante pacífico". Antes era o alcalde, pero retireime fai anos pola miña idade. Eu sempre conto as historias fantásticas deste pobo e todos te mandarán a min para que a coñezas. Dende fai anos eu don o único que a pronuncia.

—Iso é incrible, pero eu non creo nesas cousas, só escribo un artigo, pero debo informarme. Busquei na biblioteca pero non encontro moito. Todos os libros e papeis din o mesmo.

—No ano 1.216 chegou una rapaza, era orfa. Pouco despois de empezaron a desaparecer seres. Primeiro pequenos animais, logo mascotas dos veciños, máis tarde rapaces e culpárona a ela de bruxería, de facelos desaparecer ofrecéndollos a Satanás. Foi prendida na fogueira e mentres se queimaba prometeu que todo aquel que vivira na súa casa desaparecería.—O ancián suspirou.—Quedou alí tres días. A noite do terceiro día os seus ósos e cinzas foron enterrados nun lugar enfeitizado polo cura da época para que o seu espírito non puidera saír. Co tempo a ese lugar perdéuselle a pista. Algúns din que é no centro da igrexa, outros nunha fosa, outros creen que a tiraron ao río... Meu pai, por exemplo, sempre dixo que estaba baixo un salgueiro chorón. Iso era o que precisabas sabes, Eva?—Cuestionou o ancián recalcando o seu nome.

—Si, moitas grazas polo seu tempo. Debo irme xa.—Respondeu ela recollendo o seu abrigo e o seu bolso e saíndo de alí. Aquilo fóra moi estraño, demasiado. Pero agora xa tiña máis pistas. Sacou o móbil e encontrou unha mensaxe de resposta de Diego:



#13712 en Thriller
#7761 en Misterio
#23333 en Fantasía

En el texto hay: pasado, bruxas, maxia

Editado: 03.06.2018

Añadir a la biblioteca


Reportar




Uso de Cookies
Con el fin de proporcionar una mejor experiencia de usuario, recopilamos y utilizamos cookies. Si continúa navegando por nuestro sitio web, acepta la recopilación y el uso de cookies.