Eva espertou suada pola mañá. Tivera un pesadelo terrible:
Centos de persoas morrían de forma inexplicable no mesmo lugar. Había unha muller que parecía facer bruxería e, de pronto, a imaxe da muller cambiaba. Todo paraba e unha corrente de auga cubría os corpos. O lugar parecíalle familiar pero non o encontraba na súa mente. O tempo parecía pasar moi rápido e unha árbore morta aparecía baixo unha antiga construción. Agora ela estaba no medio da ponte, era de noite e tiña algo dourado con ela.
Iso é todo o que recorda. Ten unha sensación de culpa que non pode explicar. Ten que distraerse. Por terceira vez dende que chegou volve á biblioteca. Cando vai deixar o papel no libro no que o atopou nota que hai outro título escrito: "A Masacre De Hecate". As coincidencias non existían naquel pobo, se ese libro esta alí tiña que sabelo. Acercouse a Ánxela e preguntoulle. Nunca vira o recorte e nunca oíra falar do libro. Axiña volveu onde Alfredo sen recordar o incidente do anterior día. Petou máis forte e o home non tardou moito en abrir.
—Necesito de novo a súa axuda.—Pasaron ao salón de novo e o ancián mirouna expectante.—A maldición de Alice cúmprese?—Sorprendeuse a si mesma facendo esa pregunta.
—Bueno, todas as persoas que, coma ti instaláronse nela desapareceron. Iso ou tiñan présa por marchar que deixaron ata as maletas.—Eva quedou pensativa.
—Cómo sería o salgueiro se Alice estivera enterrada nel?
—Pois, polo que sei, sería unha árbore morta, sen unha folla, ven estancada ao chan.
—Na biblioteca encontrei un recorte que lle dá moito sentido a todo, pero Ánxela nunca o vira. Tampouco o libro que traía anotado. Sabe algo de "A Masacre De Hecate"?—A reacción de Alfredo non a esperaba.
—Como sabes ti dese libro, non tiñas que chegar tan lonxe. Ningunha o fixo. Onte mandeiche unha indirecta, xa sabes o teu significado?
—Que? O meu significado? Refíreste ao meu nome?—o vello asentiu—Sempre o souben, dende pequena. É "dar vida".
—Exacto, ti liberarás a súa vida. Ti es a elixida, a verdadeira. Pero non lle podes falar a ninguén deste libro. Préstocho, pero non salgas de aquí.—Eva asentiu sen entender moi ben e cando el se levantou, ela seguiuno ata unha habitación con función de biblioteca. Dun estante sacou un libro e púxoo no escritorio. Era o da nota.—Ten coidado, non todo é tan doado como seguir as pistas e ti, vas demasiado axiña.—E sen máis saíu deixándoa soa co libro. Sentouse e comezou a ler:
Circe era unha bruxa moi poderosa, moitas persoais foron por ela, e non só persoas, bruxas tamén. Cando se viu acurralada veu a Najac, mais encontrárona. Non tivo máis remedio que defenderse e viu a oportunidade de facelo coa Trinidad. A unha veira do río descansaban catro salgueiros choróns e á outra outros tantos. Esa noite habería Lúa Chea e aproveitou para facer un feitizo que masacrou a todos aqueles que a perseguían. Pero sempre se repetía o mesmo, así que para que deixara de pasar e puidera ter paz, ela mesma converteuse nun salgueiro que quedou plantado por arte de maxia no medio do río.
Douscentos anos despois Alice Kyteler era queimada na fogueira e o salgueiro coa alma de Circe morría. O río estaba seco e na terceira noite aproveitaron para enterrar a Alice baixo aquel salgueiro. Á mañá seguinte o salgueiro desaparecera para dar lugar á roca que había agora baixo A Ponte De Lúa. Era pequena e a súa forma semellaba a un berce pero sen o oco.
Non chegaba a comprendelo de todo pero tiña unha sólida teoría que pretendía confirmar co seu anfitrión. Saíu do cuarto e volveu xunto a el.
—Xa sabes toda a verdade? Encaixa cos teus soño, non? Elas comunícanse contigo sempre.
—Como sabe o dos meus soños?
—Ti nos es a primeira que ven por aquí en buscar da nosa historia, aínda que si a elexía para sabela de verdade.
—Mentiume. Sabía onde estaba enterrada.
—Non esa parte nunca me foi revelada. Eu nunca lin o libro, só... Contáronme cousas.
—Elas tamén se comunican contigo?
—De cando en vez. Son descendente de Olegario. Algunha relación tiña que ter. Mais eu non podo liberalas, solo axudarche a facelo.
—Os restos de Alice están na roca que é Circe. A noite que a enterraron baixo ela en forma de salgueiro había Lúa Chea e ocorreu a transformación.
—Fáltanche cousas, volve a casa, durme, e deixa que chas conten.
—Non me faltan. Alice está cumprindo a súa palabra, pero de seguro que si liberamos a súa alma paramos a maldición.
—E Circe? Que ten ela que ver na historia?
—Compartiron casa, algo as unía para que se fusionaran aquela noite... Circe morreu cando Alice. Na casa ten que haber algo con poder, algo valioso para ambas, algo que desentoe e no que puideran compartir maxia. Como... Como o espello! O espello de corpo enteiro, era o único moble cuberto e... Ru quedei apampada mirando para el. A Lúa Chea reflectíase e a sombra dunha figura asomaba pero... Non era unha persoa máis ben un bebé.—Mirou para o ancián.—Iso non ten sentido, un bebé non pinta nada na historia.