Eva, co espello nas mans, corría cara a ponte. Unha vez alí baixou ao seco camiño por onde en poucas semanas pasaría auga grazas ás choivas de abril. Colocou o espello de forma que tocara o berce, e a Lúa se reflectira nel. Aos poucos segundos de retroceder unha luz morada emanaba do cristal e cun forte chío escachou ata desfacerse deixando ver una nube branca con forma de muller: Alice Kyeler. A tapa que cubría o oco do berce desapareceu e as cinzas, xunto cos ósos ascenderon coma nun remoíno de vento ata converterse noutra nube branca, máis peque e con forma de bebé que se xuntaba coa de Alice. Ambas cun sorriso pintado na cara. Por último, o berce de pedra transformouse na propia Circe de carne e óso.
—Grazas.—Agradecéulle de todo corazón a Eva, ao que el asentiu mirando a escena emocionada.
Alice e Anastasia miraron a Circe, e ela mirounas ás dúas. Recuperando a súa maxia fixo que se converteran nun salgueiro chorón, vivo, e relucente no que o tronco e ramas eran a nai e as follas que lle daban vida a filla. Circe ficou unha vez máis cara Eva e acto seguido atravesouna, como meténdose dentro dela e converténdose nunha parte máis da muller.