Querida vida:
Fai unhas poucas semana que non te escribo e síntoo moito, mais cos exames estiven moi atarefado. Case un mes cheíño deles. Os únicos momentos libres que conseguín paseinos con Beth e os nosos amigos.
Sabes? Pasaron moitas cousas estas derradeiras semanas. Beth e máis eu somos MOI amigos, xuntamos os nosos grupos formando un máis grande. Cada vez que quedamos, as rapazas sóbense os nosos lombos, cada unha ten un rapaz preferido e eu son o de Beth. Encántame cando sóbese o meu lombo e saúdame cun bico na meixela ríndose, ten unha risa tan bonita que embóbate.
Todos somos inseparables, ademais podemos facer calquera broma sobre quen sexa e ninguén se molesta ou se enfada.
Ao que quero chegar con todo isto é que todos irán á festa de Nicco. É mañá, pero non meter a pata.
Joshua.